Xuntanza de Godoteires
Xente, pois confirmado que temos a nosa xuntanza Godoteira!
- 📣 Godot Meeting Coruña 2024
- 📅 27 de xullo de 10 a 20
- 📍 Rúa Ribeira Sacra 17
Xornada de encontro da comunidade galega de Godot e persoas curiosas e con ganas de aprender sobre o noso motor de videoxogos libre e gratuito.
Queres aprender Godot? Mostrar o teu proxecto feito con Godot? Dar unha charla sobre a túa experiencia con Godot?
Inscríbete aquí.
Preguntas e Responsas:
Cánto custa a entrada?
É de balde!
Podo ir ainda que non sexa de Galicia?
SÍ! E una xornada a portas abertas a calquera que interéselle aprender ou mesmo fuchicar con cousas feitas en Godot.
Cánta xente pode vir?
Temos un límite de 70 persoas de aforo. Ao ser un espazo do concello da Coruña, procuraremos respetar o seu.
¿Puedo ir aunque no hable gallego?
Claro! As charlas poden ser en galego, castelán ou mesmo en inglés o portugués, polo que no espazo común atenderemos nestas linguas.
Non teño nin idea de Godot. Podo participar aínda así?
Por suposto! Vente a aprender e ver se che pica a curiosidade por probar Godot. De feito Maestra Paladín tennos un taller de iniciación a Godot dende 0.
Podo ir coa miña parella e/ou meus catives?
Sí! Poden vir xogar e mesmo participar nos talleres que temos preparados, e sempre terán que estar acompañados por ti ou un titor ao seu cargo. Que non vale deixalos soles xogando!
Podo levar meu xogo feito en Godot e que a xente o xogue?
Sí, avísanos con tempo para poder reservarte espazo, e se podes presentarte mesmo un minutos antes da apertura para poder telo preparado.
As charlas ten que ser moi profesionales?
Como ti queiras! O evento é aberto a calquer nivel, e mesmo pode ser a túa experiencia improvisada facendo un xogo nunha jam, ou mesmo un experimento feito nunha tardiña ata un plugin con miga que usaches.
As charlas son pagadas?
Non. O evento é de balde e mesmo unha das condición do espazo do concello é non nos permiten nin vender nin cobrar por nada do organizado. Haberá de feito mercha gratuíto para as persoas que asistan.
Queres dar unha charla INFORMAL sobre Godot?
Como che foi nunha jam, que aprendiches ou que erros cometiches, como notaches o teu aprendizaxe nos inicios co motor... Calquera idea é benvida.
Link á inscripción 👇